Os Ingleses, novo campión galego tras superar na final o Mareantes
Por Aitana Vidal
A Primeira División Territorial do rugby galego ten novo campión, tras impoñerse Os Ingleses de Vilagarcía ao Mareantes de Pontevedra (39-10) na final disputada no campo de Fontecarmoa.
Nun sensacional ambiente, os locais fixeron bos os prognósticos que o situaban como favorito tras destacar na liga regular e bateron ao actual campión, un conxunto pontevedrés que non puido repetir a xesta da pasada tempada.
O encontro mantívose igualado durante os primeiros minutos, pero o Mareantes acabou sucumbindo ante o pulo dos vilagarcianos, que ao descanso xa gañaban por un claro 34-3 grazas principalmente a catro ensaios que desarboraron a defensa visitante.
Tras este resultado, celebrado ao grande en Fontecarmoa, Os Ingleses gaña o dereito a participar na fase de ascenso á División de Honra B.
A promoción de ascenso prevese especialmente complicada polo alto nivel dos rivais, pero nela o novo campión galego non renuncia a nada.