Marín e Pontevedra xa viven o Campionato de España Júnior de Baloncesto
Por Redacción
Contundente arranque do Peixe Galego no Campionato de España Júnior de Baloncesto, que por segundo ano consecutivo se celebra en Marín, como sede principal, e Pontevedra.
O conxunto marinense deu un importante paso para a súa clasificación para oitavos de final vencendo o Piélagos (86-50), pase que pode deixar sentenciado se gaña no seu segundo partido a La Salle antes de enfrontarse na xornada final da primeira fase ao poderoso Joventut.
Na xornada inicial, disputada no Pavillón da Raña de Marín e nos pavillóns do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e Príncipe Felipe de Pontevedra, a principal sorpresa foi a derrota dun dos finalistas da pasada edición, o Barcelona, ante o CAI.
O resto de favoritos, entre os que se encontran Unicaja, Real Madrid ou Estudiantes, cumpriron na súa estrea.
Toda a información sobre horarios, resultados e clasificacións pode encontrarse na páxina web do club anfitrión, www.peixegalego.com.