A Asociación de Peñas freta tres autobuses para a 'final' ante o Dorneda
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol non estará só no último partido da liga regular en Oleiros, no que se xoga finalizar na primeira posición despois de situarse no liderado tras dobregar o Somozas en Pasarón.
Os granates teñen na súa man o campionato se logran vencer ao Dorneda pero en caso de derrota poden quedarse tamén sen play-off de ascenso, pois o quinto clasificado, As Pontes, está a só dous puntos do bloque lerezano.
Por ese motivo a Asociación de Peñas do Pontevedra prepara xa o desprazamento para acompañar o equipo en tan importante cita.
Grazas ao apoio de varias empresas, a viaxe e a entrada custará un total de 12 euros nos tres autocares que se poñerán a disposición dos afeccionados e que partirán ás 15:00 horas do mesmo domingo dende o Pavillón Municipal dos Deportes.
Todos os interesados poden anotarse na cafetaría Blossom (rúa Marquesa) de 18:00 a 20:30 horas ata o próximo venres.
Relacionadas:
-
A tres puntos da gloria: O Pontevedra defende liderado e título en Dorneda
Por Ramiro Espiño |
-
Oleiros supoñerá a volta da 'Marea Granate'
Por Diego Espiño |
-
Así é 'O Condús', o peculiar estadio do Dorneda
Por Redacción |
-
O Pontevedra adáptase ás dimensións do Condús adestrando na Escola Naval
Por Diego Espiño |
-
¡¡¡LÍDERES!!! Vitoria do Pontevedra (2-0) ante o Somozas nun Pasarón das grandes tardes
Por Ramiro Espiño |