Portugalete, primeiro rival do Pontevedra na fase de ascenso
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival na primeira eliminatoria polo ascenso á Segunda División B. Trátase do Club Portugalete, segundo do grupo vasco.
A pesar de que a intención inicial do Pontevedra era que o primeiro partido da eliminatoria se xogase ás 19:00 horas do domingo, finalmente o encontro quedou fixado para as 18:00 horas da tarde do día 18 no Estadio Municipal de Pasarón, mentres a volta quedará para unha semana despois no Estadio de La Florida, unha instalación con capacidade para 5.000 espectadores e dotado de céspede natural.
O Consello de Administración do club granate ten previsto anunciar este martes o prezo das entradas para o primeiro choque do play-off.
En canto ao resto de equipos galegos, o Somozas enfrontarase ao Valladolid B na eliminatoria de campións coa volta no seu campo das Pardiñas, mentres o Cerceda quedou emparellado con Tenerife B, tamén co primeiro partido fóra ao igual que o Boiro, que xogará ante o Náxara.
O resto de eliminatorias poden consultarse na páxina web da Federación Española de Fútbol.
Relacionadas:
-
Sabor agridoce en Dorneda: o empate (1-1) mete ao Pontevedra en play-off como cuarto clasificado
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada