O taekwondo pontevedrés lócese no Open de España
Por Redacción
Gran resultado para o taekwondo pontevedrés no Open de España celebrado a pasada semana en Castellón.
Entre os deportistas da provincia destacan cinco metais para integrantes do Mace Sport, dous para o Mat's de Marín, unha para o Taekanart e as medallas en categoría absoluta da caldense Lúa Piñeiro (Natural Sport) e o pontevedrés Borja Ríos (Hebe).
Nas medallas para o Mace Sport encóntrase o ouro do trío cadete masculino composto por Adrián Ventín, Yago Pita e Ángel López, mentres o resto de preseas foi de bronce.
En categoría absoluta Xían Silva subiuse ao podio en -74 quilos tras realizar un gran torneo e caer na semifinal ante José Luis Cruz (7-12), mesmo resultado que lograron Sara Cortegoso en -46 quilos júnior, Javier Gónzález en -61 cadete e a parella júnior composta por Nazaret Licer e Marcos Silva.
Pola súa banda, os medallistas do Mat's de Marín foron Rubén Trotiño (bronce en -73 júnior) e Iván García (tamén bronce en -78 júnior), mentres Oihana Gallego, do Taekanart, logrou outro bronce en dade cadete (-33 quilos).
En canto a Lúa Piñeiro e Borja Ríos, ambos os dous subiron ao segundo chanzo do podio, con platas en -67 e -63 quilos respectivamente.