A australiana Casey Dellacqua, primeira rival de Lourdes Domínguez en Roland Garros
Por Redacción
Lourdes Domínguez xa coñece a súa primeira rival en Roland Garros, o segundo Grand Slam da tempada. A pontevedresa xogará na rolda inicial do torneo contra a australiana Casey Dellacqua, actual número 48 do ranking mundial.
Non será un partido cómodo para Lourdes Domínguez que, tras un irregular inicio de tempada, se encontra situada no posto 126 da WTA.
Será o primeiro enfrontamento entre ambas as dúas nunha competición oficial do circuíto de tenis feminino.
En 2014, a pontevedresa acumula un balance de 10 partidos gañados e 12 perdidos. O seu mellor resultado foi chegar a semifinais do torneo de Osprey (Estados Unidos) e os seus cuartos de final en Bogotá e Río de Xaneiro.