Puertollano, rival do Pontevedra na final polo ascenso
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival na última eliminatoria polo ascenso á Segunda División B. Será o Club Deportivo Puertollano.
O campión manchego vén de eliminar ao Náxara da Rioxa despois de vencer a domicilio por 0-1 e sentenciar no seu estadio gañado 3-1.
Na primeira ronda, entre campións de grupo, o Puertollano caeu na quenda de penaltis ante o Lealdad asturiano, tras protagonizar unha gran tempada regular na que chegou á cifra de 98 puntos, con só dous encontros perdidos.
O primeiro partido da eliminatoria disputarase o próximo fin de semana no Estadio Municipal de Pasarón, quedando a volta para unha semana despois no Estadio Ciudad de Puertollano, unha instalación con capacidade para algo máis de 7.000 espectadores, de céspede natural e unhas dimensións de 105x64 metros.
Pola súa banda o outro equipo galego no bombo, o Somozas, deberá enfrontarse ao Tenerife B, coa volta no seu estadio das Pardiñas.