Quique Domínguez volve ao Teucro como adestrador para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño
Despois de 16 anos ligado ao Academia Octavio vigués, catro como xogador e 12 como técnico, Quique Domínguez retorna á Sociedad Deportiva Teucro para dirixir o equipo de División de Honra Prata.
O ex-xogador azul farase cargo do equipo as dúas próximas tempadas, segundo confirmou o club lerezano nun comunicado.
Domínguez terá ao seu lado a Luis Montes como segundo adestrador e contará con Toño Puga como preparador físico.
No acordo entre directiva e técnico establécese que Quique Domínguez asumirá tamén o cargo de Director Deportivo, polo que será o encargado de confeccionar o plantel do primeiro equipo de cara á próxima tempada así como a composición das categorías inferiores.
O novo adestrador teucrista será presentado este mércores no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Teucro renova a Chapela, Borja e Carlos García e prescinde de Cadilla e Miguel Sío
Por Diego Espiño |
-
Quique Domínguez: "El principal objetivo es que la ciudad se vuelva a sentir orgullosa de este club"
Por Diego Espiño |
-
Javier Barrios deixa de ser adestrador do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Villa de Aranda de Liga Asobal confirma a fichaxe de Tomás Moreira
Por Redacción |