Quique Domínguez: "El principal objetivo es que la ciudad se vuelva a sentir orgullosa de este club"
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro presentou oficialmente ao seu novo corpo técnico, encabezado por Quique Domínguez como primeiro adestrador, Luis Montes como segundo e Toño Puga como preparador físico.
Domínguez, que volve ao club despois de 16 anos no Academia Octavio vigués, mostrouse ilusionado con esta nova etapa, en principio para as dúas próximas tempadas, nas que asegura "el principal objetivo es que los aficionados se identifiquen con el equipo y con el juego que vamos a intentar plasmar y que la ciudad vuelva a sentirse orgullosa de este club".
O técnico quixo gabar o traballo realizado por Javier Barrios no banco azul "en unas circunstancias difíciles", sobre todo na composición dun plantel que rexuveneceu principalmente con xogadores galegos "y esa es la idea que tenemos", declarou en novo adestrador teucrista, apostar "por la continuidad, el equipo va a cambiar poco".
Quique Domínguez: "La idea es de continuidad, el equipo va a cambiar poco"
A este respecto, ademais das dúas baixas confirmadas de Juan Bar e Tomás Moreira, únese agora a de Miguel Porto, que segundo confirmou Carlos García-Alén, abandona o club por motivos laborais, mentres co resto de xogadores que finalizan a súa vinculación coa entidade se falará nos próximos días para coñecer as súas intencións.
Neses encontros estará Quique Domínguez e tamén o presidente azul, que fixou a esixencia para o técnico en "que trate de asegurar la permanencia, porque la supervivencia del club depende de no descender".
García-Alén defendeu ademais a elección de Domínguez, ao que considera a persoa idónea para o posto "por su experiencia y al coincidir que tenía ganas de volver".
Ademais de adestrador Quique Domínguez será director deportivo da entidade, con Luis Montes e Toño Puga encargándose á súa vez de diversos labores relacionados coa canteira e Javier Domínguez de novo como delegado do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
Daniel Hernández, primeira fichaxe do Teucro de Quique Domínguez
Por Diego Espiño |
-
O Teucro renova a Chapela, Borja e Carlos García e prescinde de Cadilla e Miguel Sío
Por Diego Espiño |
-
Quique Domínguez volve ao Teucro como adestrador para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
Javier Barrios deixa de ser adestrador do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Villa de Aranda de Liga Asobal confirma a fichaxe de Tomás Moreira
Por Redacción |