Bos resultados para Mace Sport e Mat's nos campionatos de España Cadete e sub-21 de taekwondo
Por Diego Espiño
Os deportistas do Mace Sport de Pontevedra e Mat's de Marín protagonizaron un gran papel nos campionatos de España Cadete e sub-21 de taekwondo, celebrados o pasado fin de semana en Mariña D'Or, Castelló.
Na competición sub-21 a selección galega obtivo tres medallas de ouro, as de Sara Cortegoso (Mace Sport), Xián Silva (Mace Sport) e Pablo Fernández (Mat's).
Sara conseguiu o título na categoría de -46 quilos superando na final a representante valenciana por un tenteo de 13 a 9.
Pola súa banda Xián Silva subiu ao máis alto do podio en -80 quilos gañando o enfrontamento definitivo ante o catalán Lluis Mas (11-4), mentres Pablo Fernández fixo o propio en -87 quilos gañando nunha apertada final ao competidor valenciano (6-4).
Tamén lograron medalla, neste caso de bronce para Luis Reiriz (Mat's) na categoría de -63 quilos, ao que hai que sumar a prata por equipos de Galicia en categoría masculina e feminina e o bronce na clasifiación xeral.
En canto ao campionato Cadete Javier Gónzalez (Mace Sport) en -61 quilos conseguiu o ouro gañando a final galega ante Abel Seoane (Natural Sport) nun vibrante combate que se decidiu no punto de ouro.
Tamén resultou campión, e asegurándose unha praza para o Mundial, Artai Pazos (Mace Sport) en -49 quilos tras superar na semifinal ao representante do País Vasco (8-7) e na final o competidor murciano (7-5).
Ademais das medallas de ouro Noh Pereira (Mat's) foi bronce en -53 quilos, ao igual que Laura Pazos (Mat's) en +59, mentres por equipos Galicia foi prata en categoría masculina e na xeral.
Relacionadas:
-
Xian Silva e Sara Cortegoso afrontan o reto do Europeo sub-21 en Innsbruck
Por Redacción |
-
Artai Pazos e Javier González representarán o Mace Sport no Mundial de taekwondo para cadetes
Por Redacción |
-
Ouro para Lúa Piñeiro e prata para Katia Calvar no Open de Suiza de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondo pontevedrés lócese no Open de España
Por Redacción |