Estudiantes e UVE Ponce gañan os campionatos de España Infantil de Cambados e Pontevedra
Por Redacción
Os campionato de España en categoría Infantil celebrados durante a semana en Cambados e Pontevedra chegaron á súa final despois dunhas vibrantes finais.
No pavillón do Pombal cambadés disputouse a final masculina envolvida nun grande ambiente nas bancadas. Resultou vencedor o Tuenti Móvil Estudiantes nun apertado partido ante o Unicaja (85-80), que tivo que chegar á prórroga debido á tremenda igualdade existente.
O terceiro posto do campionato foi finalmente para o Real Madrid, que remontou nos minutos finais do partido polo bronce ante a Barcelona (55-54).
En canto á competición feminina o partido decisivo, disputado no Pavillón Municipal dos Deportes, caeu do lado do UVE Ponce, que se impuxo ao Hidropolivital Almeda (58-62).
O bronce foi para o JE Terrasa, que gañou ao Ros Casares Valencia por 44 a 35.
Mame Selbe, do UVA Ponce, e Adam Sola, do Tuenti Móvil Estudiantes, foron declarados como xogadores máis valiosos do torneo.