Os atletas da Gimnástica suman 16 medallas no Campionato Galego Promesa, Júnior e Xuvenil
Por Redacción
Tres categorías, a Promesa, a Júnior e a Xuvenil, xuntáronse este fin de semana na Coruña para disputar o Campionato Galego de Atletismo, con gran resultado para os atletas da Sociedad Gimnástica.
En total os deportistas do club pontevedrés sumaron na cidade herculina 16 medallas con nove oros, seis platas e un bronce.
A máis laureada foi Paula Martín na categoría Promesa con catro metais: ouro en 400 valos e pértega e platas en 200 lisos e lonxitude.
Nesa pértega Inés Martínez acompañou a súa compañeira na segunda praza e ademais levouse a vitoria en altura.
Pola súa banda Cristina González dominou as carreiras do medio fondo Júnior, con ouro nos 800 metros e prata nos 1.500 metos, mentres Darío Costas gañou os 100 metros lisos e os 110 valos.
O resto de medallas na categoría Xuvenil foron para Alfonso Pérez nos 400 metros, Paulo Villegas nos 5.000 e Elvira Okutu en lonxitude, todos con medallas de ouro, e Ángel Vargas nos 200 metros e Jorge Puig nos 800 foron prata.
Tamén pisou o podio Martín Taín cun terceiro posto nos 5.000 metros da categoría Promesa.