Notable papel dos veteranos da Gimnástica no Campionato de España
Por Redacción
Ana Abuín, Ramón Serantes e Carlos Ferrer representaron á Sociedad Gimnástica no Campionato de España de Veteranos celebrado hai uns días en Huelva, cun excelente resultado.
Os atletas pontevedreses lograron un total de dez medallas repartidas en catro ouros, tres platas e tres bronces.
Carlos Ferrer impúxose no lanzamento de disco e tamén de martelo pesado, actuación que completou con dúas medallas de prata en xavelina e martelo.
Pola súa banda Ana Abuín tamén se colgou catro metais, cun ouro en xavelina e tres bronces en disco, martelo e martelo pesado.
Por último Ramón Serantes tamén se levou un título nos 1.500 metros e finalizou no segundo posto nos 5.000.