O medio maratón entre O Grove e Cambados celebrarase finalmente o 28 de setembro
Por Redacción
O marisco e o albariño, as dúas referencias gastronómicas do Grove e Cambados respectivamente, darán nome ao medio maratón que unirá ambas as dúas localidades o próximo 28 de setembro. A MARALBA Running Fest014 nace coa intención de consolidarse dentro do calendario galego e ofrecerá un marco incomparable, segundo os seus organizadores, unha das costas máis fermosas das Rías Baixas.
As praias, as augas termais e os produtos do mar converten a vila do Grove nun dos puntos de interese turístico máis coñecidos de Galicia. Será o punto de saída nos anos pares, mentres nos impares a quenda será para Cambados. A recoñecida como a Capital do Albariño leva centos de anos ligada á cultura do viño e conta ademais cun Museo Etnográfico e do Viño, un dos primeiros creados en España.
Serán 21 quilómetros e 97 metros de carreira, con categoría promesa, sénior e de veteranos. Trátase dunha proba moi similar á exitosa carreira Vig-Bay, que une as localidades de Vigo e Baiona, o medio maratón galego no que máis corredores participan.
O prazo para inscribirse na MARALBA Running Fest014 abrirase a próxima semana. Haberá dous tramos diferenciados: o primeiro será reducido con custo ata o 28 de agosto, mentres o segundo, que se alongará do 29 de agosto ata tres días antes da proba, será con custo normal.
Relacionadas:
-
Un reto solidario completa o medio maratón Maralba entre O Grove e Cambados
Por Redacción |
-
VIDEO.- Albariño, marisco e deporte únense na promoción do medio maratón entre O Grove e Cambados
Por Redacción |
-
O primeiro medio maratón 'Maralba' entre O Grove e Cambados inicia a súa conta atrás
Por Redacción |
-
O medio maratón entre O Grove e Cambados cae do Tour Running Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
Un medio maratón unirá Cambados e O Grove na primeira edición do circuíto 'Running Rías Baixas'
Por Redacción |