Aser Estévez, ÿscar González e Irene Trabazo, campións galegos de contrarreloxo no Rosal
Por Redacción
Grandes resultados do Super Froiz no Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual. A escuadra Pontevedra logrou situar tres dos seus corredores nos cinco primeiros postos en categoría masculina. E o máis importante, Aser Estevez logrou revalidar o seu título autonómico. Fíxoo con grande autoridade, xa que superou en máis dun minuto ao segundo clasificado, Adolfo Vicente (Club Ciclista Cambre).
As categorías elite Sénior e Sub 23 fixeron a súa proba sobre o percorrido máis longo, 25.3 quilómetros. Foi toda unha exhibición de Aser Estevez que completou o percorrido en 32:52, con 1:04 de vantaxe sobre Adolfo Vicente. Terceiro foi José Luis Mariño, tamén do Super Froiz, que finalizou a dous minutos e oito segundos do seu compañeiro de equipo; mentres que Sergio Míguez foi quinto, a 2:28 do gañador.
Non foi a única vitoria do super Froiz no Rosal, localidade pontevedresa onde se disputaron estes campionatos. ÿscar González, flamante campión de España de contra o reloxo Sub 23, tamén se enfundou o maillot de campión galego. Fíxoo cun tempo de 34:11. Foi 15 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo, Antonio Portela. Terceiro foi David Seage (Caja Rural), a 28 segundos do novo campión autonómico.
TRIUNFO DE IRENE TRABAZO EN CADETES
Pola súa banda, Irene Trabazo puido resarcirse do seu segundo posto o pasado ano logrando por fin o título de campioa galega cadete de contra o reloxo. A corredora do Club Ciclista Marín logrou o triunfo ao completar o seu percorrido en 20:43. Ausente a campioa de 2013, Paula Sanmartín (agora en categoría júnior), a marinense tivo en Andrea Tomé (Caeiro) a súa maior rival. Quedou a só 24 segundos da gañadora. Terceira foi Zaida González (Mariña), a 1:16.
O Campionato de Galicia contrarreloxo do Rosal pasará á historia, segundo os seus organizadores, por ser unha das maiores concentracións de participantes nunha competición do ciclismo galego. Foi un espectáculo ao grande con varios dos mellores especialistas nacionais da disciplina e catro horas e media de incerteza que deron lugar a once novos campións ao longo de toda a tarde.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo, campioa cadete da Copa de España de ciclismo en estrada
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez revalida o seu título de campioa galega de mountain bike; Irene Trabazo gaña en cadetes
Por Redacción |
-
O Froiz, sen rival contra o crono nos Nacionais: vitorias de ÿscar González e José Antonio De Segovia
Por Redacción |