Lucía Vázquez revalida o seu título de campioa galega de mountain bike; Irene Trabazo gaña en cadetes
Por Redacción
Lucía Vázquez suma un novo título de campioa de Galicia no seu palmarés. Impúxose este domingo na proba Elite Feminina dos autonómicos de BTT celebrados na localidade lucense da Pobra de Brollón. Foi na modalidade de cross country olímpico. Non foi a única vitoria pontevedresa, xa que Irene Trabazo enfundouse por segundo día consecutivo un maillot de campioa galega, neste caso na categoría cadete.
Lucía Vázquez investiu un tempo de 1:02:37 en completar tres voltas a un circuíto de case catro quilómetros e medio. Na liña de meta, a corredora do Vicma Bike Team avantaxou en algo máis de tres minutos á segunda clasificada, Eva Álvarez (C.C. Maceda), e en preto de seis á terceira, Desirée Duarte (Candybike).
"O circuíto resultaba 'rateiro', con moitos cambios de ritmo que non che permitían coller ritmo. Estaba moi traballado e situado nun monte precioso", comentou Vázquez sobre o percorrido preparado polo Club Ciclista Monforte.
A biker de Vilaboa logrou vestir ao igual que o ano pasado o maillot de campioa galega e xa acumula ao longo da súa carreira nove vitorias na proba autonómica ÿlite para mulleres. Esta competición serviulle para comprobar o seu estado de forma de cara a un dos seus principais obxectivos desta tempada: o Campionato de España que se disputará o próximo domingo na localidade oscense de Panticosa.
IRENE TRABAZO GAÿA EN CATEGORÍA CADETE
Pola súa banda, a marinense Irene Trabazo sumou un novo éxito a unha fin de semana perfecta para ela. Tras proclamarse campioa galega de contra o reloxo o sábado, conseguiu o título autonómico de BTT. Ambos os dous triunfos foron na categoría cadete, onde a corredora do Club Ciclista Marín parece non ter rival esta tempada. Este segundo maillot de campioa galega foi na modalidade de cross country.
Irene Trabazo cruzou a liña de meta cun tempo de 50 minutos e 28 segundos. Foi tres minutos e medio máis rápida que a segunda clasificada, Sara Trigo (Salvaterra do Miño). O podio completouno Andrea Tomé, do Club Ciclista Cambre, que entrou a máis de once minutos da marinense.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo, campioa cadete da Copa de España de ciclismo en estrada
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, prata no Campionato de España de mountain bike disputado en Panticosa (Huesca)
Por Redacción |
-
Aser Estévez, ÿscar González e Irene Trabazo, campións galegos de contrarreloxo no Rosal
Por Redacción |
-
Irene Trabazo, subcampioa de España cadete no campionato disputado en Xaén
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez non logra revalidar o seu título e finaliza terceira no Open de España de cross country
Por Redacción |