Unha competición BMX encherá de espectáculo o 'half' da estación de autobuses de Marín
Por Redacción
O half do parque da estación de autobuses de Marín acollerá este vindeiro sábado 26 de xullo, a partir das 17.00 horas, unha competición de bicicletas BMX na modalidade deportiva sobre rodas.
A proba, organizada pola Asociación Marín Pro Riders, dividirase en categorías dependendo da idade e experiencia dos participantes.
Para os primeiros clasificados haberá premios e trofeos patrocinados polo establecemento marinense "Locos bajitos" e a propia Asociación Marín pro Riders.
Os horarios da proba son os seguintes:
- 12:00 a 17:00 horas: Inscripcións e quecemento dos riders.
- 17:00 a 21:00 horas: Competición por categorías.
- 21:30 horas: Entrega de premios e trofeos.
O torneo conta coa colaboración do Concello de Marín, o Ateneo Santa Cecilia e a empresa Xiada.