O triatlón iberoamericano fixa a súa base en Pontevedra
Por Diego Espiño
Durante o inverno, o grupo de rendemento do Centro Galego de Tecnificación cruzou o charco para preparar a tempada en Chile ás ordes de Omar González. Agora, varios triatletas do continente americano devolven a visita fixando en Pontevedra o seu cuartel xeral.
O Casino Mercantil exerce como anfitrión do encontro destes deportistas, impulsado pola Asociación Iberoamericana de Triatlón, que aproveitarán os meses de verán para realizar unha posta a punto de cara aos últimos obxectivos do ano, como o Mundial de Edmonton.
Desta forma xunto aos Saleta Castro, Melina Alonso, Antonio Serrat ou Fernando Alarza, que adestran case todo o ano na cidade de Lérez, únense seis deportistas chilenos, cinco venezolanos, dous arxentinos e un panameño. Entre eles a campioa do Mundo júnior de dúatlon Joselyn Brea ou Gaspar Riveros, quinto nos últimos Xogos Sudamericanos.
Trátase de compartir experiencias e mellorar dentro dun grupo no que se encontran algunhas das promesas máis destacadas do triatlón mundial, ademais de realidades como Alarza, sexto do ránking mundial de traitlón en 2014.
Esta concentración de talentos, segundo explica Omar González, reafirma a Pontevedra como "una ciudad de referencia para el triatlón", un punto ao que se chega "por instalaciones, competiciones organizadas y por los deportistas que aquí entrenan".
Gónzaléz cre que a cidade de Lérez se adapta perfectamente a este deporte grazas a "sus parques, buenas piscinas o incluso el embalse de Verducido para nadar aguas abiertas".