Vitoria do Pontevedra fronte ao Estradense (0-2) e derrota ante o Celta B (1-0) na Estrada
Por Ramiro Espiño
A inauguración do novo campo municipal de fútbol da Estrada reunía o equipo anfitrión, o CD Estradense, con R.C. Celta B e Pontevedra CF nun torneo triangular, con tempos de 45 minutos. Ao final os celestes anotáronse a vitoria no torneo, ao empatar no partido inaugural co Estradense e vencer pola mínima os de Manu Fernández, que foron segundos, impoñéndose ao cadro local por 2-0.
O primeiro partido foi igualado. Os filiais celestes reservaron algúns dos seus homes máis importantes para o seguinte compromiso contra o Pontevedra e víronse sorprendidos por un Estradense intenso e cacholán, que conseguiu manter a súa portaría a cero.
Lamentar a lesión sufrida polo xogador local, Guti, que provocou a alarma entre o público asistente, que pendente dunha exploración médica máis eshaustiva apunta a un posible problema grave de xeonllo.
Logo sería a quenda para celestes e granates. Manu Fernández puxo en liza un equipo que ben podería ser titular en calquera partido de liga, se ben condicionado polas ausencias de Pablo Carnero, Luismi, Capi e Tubo. Malia iso, os pontevedreses volveron deixar unha grande impresión, atuando un rival de categoría superior e dispoñendo de varias oportunidades, que non aproveitaron, para adiantarse no marcador e levarse o partido.
Un gol de Borja Iglesias, na recta final do choque, daría o triunfo aos vigueses, deixando o Pontevedra sen posibilidade de alzarse co triunfo no torneo.
O partido entre Pontevedra e Estradense daba a opción ao equipo local de alzarse co título. Para iso debía derrotar aos granates polo menos por dous goles de diferenza, pero os de Manu Fernández impuxéronse con claridade, con goles de Agus e Benja, dominando os 45 minutos de principio a fin e non dando opción aos seus rivais, para clasificarse en segundo posto.
O seguinte compromiso amigable para o Pontevedra será o próximo domingo (19:30 horas) no campo de Burgáns (Cambados), fronte ao Ribadumia.
C.D. ESTRADENSE (0): Rubén; Martín, Pablo (Maneiro, min. 35), Brais (Fernando, min. 35), Guti (Toni, min. 40), Mateo, Pablo II, Manuti, Unai (Pereiras, min. 15), Adri (Vicente, min. 30) e Luismi.
R.C. CELTA B (0): Borja; Javi Beloso, Jorge, Borja Peña, Bugallo, Diego, Thaylor, Sergio, Javi, Álex e Berto.
R.C. CELTA B (1): Ángel; Javi Beloso (Brais, min. 30), Jorge (Nacho, min. 40), Javi Rey, Bugallo, De Amo, Thaylor, Sergio (Julio, min. 40), Javi (Pablo García, min. 40), Brais e Berto (Borja Iglesias, min. 30).
PONTEVEDRA CF (0): Lloves; Adrián, Pablo, Campillo, David Feito; Kevin Presa; Centrón, Mouriño, Jacobo, Anxo; e Jorge Rodríguez (Benja, min. 35).
Goles: (1-0): Minuto 36: Borja Iglesias.
C.D. ESTRADENSE (0): Coque; Silva, Vidal, Brais, Diego, Moure, Vicente, Manuti, Adri, Arturo e David.
PONTEVEDRA CF (2): Edu; Adrián, Bryan, Emilio, Iago Martínez; Pedro García; Abraham, Fran Fandiño, Tomás, Agus; e Benja.
Goles: (0-1) Minuto 24: Agus. (0-2) Minuto 30: Benja.
Árbitro: José Luis Pita Rey. Colexio Galego.