A Carreira Popular de Pintos solidarízase coa Rede Axuda
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Carreira Popular de Pintos na parroquia pontevedresa de Marcón volverá celebrarse dentro dun ambiente festivo e, nesta ocasión, solidario coa Rede Axuda. A proba celebrarase este sábado 16 a partir das 17.30 horas na Praza central de Pintos.
Segundo a organización, a partir das 16.00 horas os interesados en participar poderán inscribirse atendendo ás distintas categorías de idade e xénero. Todos os participantes recibirán un pequeno regalo e un botello de auga, ademais dunha porción de empanada.
Está prevista a presenza na proba dun importante número de deportistas de distintas disciplinas, entre os que destacan algúns atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
A proba servirá, como nas anteriores 29 edicións, para xerar un bo ambiente na localidade cunha festa final na que se realizarán sorteos para obter algúns dos regalos que proporcionan os patrocinadores.
Dende a organización animan os asistentes a que doen algún produto alimenticio para a Rede Axuda e aconsellan que se consulte a súa web para ver o que se precisa con máis urxencia para axudar a persoas necesitadas.
A plataforma Salvemos a Fracha participará tamén na carreira que, deste xeito, adquirirá un carácter reivindicativo para apoiar as reclamacións en contra do proxecto da autovía A-57.