Jean Marie Okutu queda fóra da final de salto no Europeo de Atletismo
Por Redacción
Jean Marie Okutu quedou fóra da final de salto de lonxitude ao non conseguir superar os oito metros que daban o pase a esa ansiada final do Campionato de Europa de Atletismo que se disputa en Zürich. O atleta, veciño de Marín, saltou 7,64 no seu primeiro intento ofrecendo un resultado moi por debaixo das marcas obtidas este ano.
O seguinte salto foi nulo e no terceiro só acadou 7,39 de maneira que Okutu rematou no posto vixésimo e sen opción a clasificarse para a final, segundo información de RTVE. De nada serviu a presenza do seu adestrador Javier Medrano no torneo, despois de que o empresario Ricardo Tilve lle regalara a viaxe ata a cidade na que se celebra o Campionato.
O atleta español Eusebio Cáceres si logrou clasificarse na mesma proba para a final ao lograr un salto de 8,05 metros.