Okutu, a sacarse a espiña do Europeo no Meeting de Berlín
Por Redacción
O Campionato de Europa de Atletismo de Zürich foi a súa primeira gran cita internacional ao aire libre por seleccións en categoría abosuta, pero as cousas non saíron tal e como esperaba.
Jean Marie Okutu logrou no Europeo un mellor salto de 7,64 metros, lonxe das súas mellores marcas e que lle impediu meterse na final, o seu principal obxectivo.
Por ese motivo o atleta marinense busca sacarse a espiña cun bo resultado nunha proba de prestixio e puxo a súa atención no ISTAF de Berlín, un 'meeting' da IAAF World Challengue que se disputa o próximo domingo 31 de agosto cunha participación de gran nivel.
O obxectivo pasa por superar de novo os 8 metros que saltou esta tempada en dúas ocasións, con 8,01 metros en Pontevedra e 8,05 en Madrid, aínda que nesta última ocasión con vento a favor.