O Teucro avanza a semifinais da Copa Galicia tras vencer o Xiria (19-27)
Por Redacción
As semifinais da Copa Galicia de balonmán esperan o Teucro despois de que os azuis dobregasen o Xiria de Carballo por un claro 19-27.
Non obstante o encontro, que serviu para avanzar na preparación do equipo de cara ao inicio da División de Honra Prata, foi máis igualado do que reflicte o marcador final, pois os carballeses mantiveron o tipo durante 45 minutos (15-15).
Os de Quique Domínguez só conseguiron abrir brecha no electrónico no tramo final para seguir vivos na competición.
O técnico lerezano valorou positivamente o esforzo ao entender que "partidos igualados y duros como éste son muy buenos en este periodo de preparación. En la liga habrá muchos y es bueno ir acostumbrándose a jugarlos", sinalou Domínguez.
Pola súa banda o lateral teucrista David García Pichel recoñeceu que "aún debemos mejorar mucho más para ser competitivos. Tenemos mucho margen de mejora".
O próximo mércores 27 o Pavillón Municipal dos Deportes vivirá un novo compromiso teucrista de pretempada coa celebración dun triangular no que tamén participarán o propio Xiria de Carballo e o ABC Braga portugués.
Relacionadas:
-
O Teucro proclámase campión da Copa Galicia tras vencer o Cangas nos penaltis
Por Redacción |
-
O ABC Braga lévase o triangular Cidade de Pontevedra tras gañar o Teucro e o Xiria
Por Redacción |
-
Sen opcións para o Cisne nos cuartos de final de Copa Galicia ante o Cangas (20-35)
Por Redacción |
-
Confírmase o peor dos escenarios para César Armán, rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Adrián Pumar reforza o Teucro tras a lesión de César Armán
Por Redacción |
-
Carlos Pombo, segunda lesión na pretempada teucrista
Por Redacción |
-
Xornada de ximnasio e pádel para un Teucro que espera rival na Copa do Rei
Por Redacción |
-
BM Pontevedra aguanta un tempo ao Teucro pero cede (28-18) no segundo
Por Redacción |
-
ABC Braga e Calvo Xiria, rivais do Teucro nun triangular que servirá de presentación do equipo
Por Redacción |