O Sanxenxo queda sen o triunfo en Bouzas no tempo de desconto (2-2)
Por Redacción
Un libre indirecto dentro da área no minuto 93 de partido supuxo o empate (2-2) entre Rápido de Bouzas e Xuventú Sanxenxo na segunda xornada de liga.
Os de Anxo Oliveira, pendentes da decisión da Xuíza ÿnica sobre o resultado do primeiro encontro ligueiro, buscaron a súa segunda triunfo da tempada e a punto estiveron de encontralo.
Adiantáronse os locais moi pronto, aos 3 minutos, por medio de Diz, pero en apenas 20 minutos os amarelos, este domingo con vestimenta vermella, deron a volta ao marcador con dous tantos de Ramón aproveitando a inseguridade da zaga viguesa.
Na segunda metade o Sanxenxo tirou de oficio para aguantar o resultado, o que conseguiu ata que no tempo de desconto chegou a xogada polémica, unha cesión de Alfonso a Vila que o colexiado castigou con libre indirecto. Tomás non perdoou establecendo a repartición de puntos final.
CLUB RÁPIDO DE BOUZAS (2): Ferre, Portas, Pablo García, David Castro, Sestelo, Sergio Santos, Iago Paz (Carlos, min.61), Chema (Gabi Misa, min.55), Tomás, Diego Díz, Miki (Oki, min.71).
XUVENTÿ SANXENXO (2): Vila, Peña, Suso Martínez, Guille, Caneda (Diego González, min.12), Alfonso, Héctor, Vidal, Cuchi (Walter, min.91), Ramón, Jonathan.
Árbitro: Fernández Rodríguez, auxiliado por Rodicio González e Pérez Datía (Ourense). Amoestou a Pablo García, David Castro, Diz e Sestelo nos locais e a Héctor e Ramón no Sanxenxo. Expulsou a Sergio Santos no Rápido de Bouzas (min.94).
Goles:1-0 Diz, min.3; 1-1 Ramón, min.14; 1-2 Ramón, min.25; 2-2 Tomás, min.93.
Incidencias: Partido disputado no Baltasar Pujales de Bouzas, 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Tres días de prazo para as alegacións do Sanxenxo antes de resolver a denuncia por aliñación indebida
Por Diego Espiño |
-
O Choco impugna o partido ante o Sanxenxo por suposta aliñación indebida
Por Diego Espiño |
-
O Sanxenxo logra os seus tres primeiros puntos ao vencer pola mínima ao Choco (1-0)
Por Redacción |