Tres días de prazo para as alegacións do Sanxenxo antes de resolver a denuncia por aliñación indebida
Por Diego Espiño
A Xuíza ÿnica de Competición trasladou ao Sanxenxo a denuncia efectuada polo Club Deportivo Choco, que reclama aliñación indebida de Diego Peña no primeiro partido de liga, no que os amarelos gañaron por 1-0.
Xunto a esa denuncia achégase a documentación presentada polos de Redondela e dáse tres días hábiles de prazo ao Sanxenxo para que "formule as alegacións que ao seu dereito conveñan", segundo reza a resolución da responsable de Competición.
A documentación achegada polo Choco, explicou o seu presidente, inclúe a resolución da última xornada do curso pasado, cando Diego Peña xogaba no Grixoa, e que establece un partido de sanción para o lateral por acumulación de amoestacións.
Unha vez conclúa o prazo a Xuíza ÿnica deberá decidir se mantén o resultado do encontro ou pola contra lle quita os tres puntos ao Sanxenxo para dárllelos aos redondelanos.
No mesmo caso se encontra o choque entre Ribadeo e Alondras, impugando polos primeiros polo mesmo motivo, ao entender que Chichi debía cumprir un partido de sanción cos de Cangas derivado das última xornada do pasado campionato.
En canto ás sancións en Terceira División, destacan os dous partidos ao adestrador do ÿrdenes Nacho, expulsado ante o Pontevedra, ou do técnico do Barbadás, e os tres que deberá cumprir Josiño Abalde, adestrador do Alondras, pola súa expulsión e por negarse a "abandonar o terreo de xogo".
Ademais o xogador do Arosa Rivas cumprirá un encontro de castigo ao non prosperar as alegacións presentadas polos arlequinados despois da súa expulsión en Vilalba.
Relacionadas:
-
Desestimada a denuncia por aliñación indebida do Sanxenxo ante o Choco
Por Diego Espiño |
-
Tensa espera no Sanxenxo, que defende o seu bo proceder na suposta aliñación indebida ante o Choco
Por Diego Espiño |
-
Triunfo pola mínima do Sanxenxo ante As Pontes (1-0)
Por Redacción |
-
O Sanxenxo queda sen o triunfo en Bouzas no tempo de desconto (2-2)
Por Redacción |
-
O Choco impugna o partido ante o Sanxenxo por suposta aliñación indebida
Por Diego Espiño |
-
O Sanxenxo logra os seus tres primeiros puntos ao vencer pola mínima ao Choco (1-0)
Por Redacción |