Primeiro triunfo a domicilio do Arosa, que se impón ao Cultural Areas (1-3)
Por Redacción
O Arosa colle ritmo na Terceira División. Despues da polémica derrota en Vilalba, os de Piscis encadearon o seu segundo triunfo ligueiro consecutivo, primeiro a domicilio, para ascender ata a quinta praza da clasificación.
O conxunto arlequinado impúxose no campo do Cultural Areas (1-3) nun encontro que se lles puxo de cara moi pronto e no que non desaproveitaron dous penaltis ao seu favor.
O primeiro deles, xa no primeiro minuto, cun centro de Eloy que é desviado por un defensor coa man. Adrián Camiño non perdoou adiantando os seus.
Con vantaxe no marcador o dominio seguía sendo do Arosa, pero un erro defensivo provocou o empate local de Félix aos 27 minutos.
Non obstante os de Vilagarcía repuxéronse e na segunda metade sentenciaron, primeiro co segundo gol de Camiño dende os once metros e despois cun tanto de Pablo Vázquez ante o que o Cultural de Areas non foi capaz de reaccionar.
CULTURAL AREAS (1): Hortal, Bruno, Marcos, Ismael, Costas, Jesús, Hugo (Malvido, min.57), Sánchez (Fernando, min.65), Félix (Damián, min.84), Arenas, Manuel.
AROSA SC (3): Jorge Pérez, Juanjo, Alfonso, Martín, Juan Martínez, Rivas, Nando, Yago Pérez (Pablo Vázquez, min.60), Quique Cubas (Javi Pazos, min.74), Adrián Camiño, Eloy (Vixo, min.86).
Árbitro: ÿscar López Fernández. Amoestou ao local Jesús e aos visitantes Rivas e Martín. Expulsou no Cultural Areas por vermello directo a Hortal (min.56) e por dobre cartón a Damián (min.89).
Goles: 0-1 Adrián Camiño de penalti, min.1; 1-1 Félix, min.27; 1-2 Adrián Camiño de penalti, min.58; 1-3 Pablo Vázquez, min.70.
Incidencias: Partido disputado no estadio da Lomba de Ponteareas.