Recepción no Concello a Carmen Gómez Cortés, a triatleta pontevedresa de maior proxección
Por Redacción
Ten só 17 anos e é unha das grandes promesas do tríatlon galego. Carmen Gómez Cortés fixo un alto na súa preparación para acudir ao Concello de Pontevedra, onde foi recibida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Fáltalle só unha competición para dar por pechada unha tempada que foi magnífica para ela. Acaba de volver da China, onde logrou a medalla de prata na categoría de relevos mixtos nos Xogos Olímpicos da Xuventude, competición onde foi novena na proba individual.
A pesar do merecido descanso que lle queda por diante nas próximas semanas, Carmen Gómez Cortés xa pensa na preparación para o próximo ano. Traballa na actualidade para clasificarse para o vindeiro mundial de 2015, despois de quedar fóra do equipo deste ano, e tamén para o Europeo junior.
O alcalde resaltou que "xa temos unha futura triatleta que forma parte do relevo xeneracional dos triatletas galegos, e da cidade, que ten a súa sede no Centro Galego de Tecnificación Deportiva". Precisamente, a triatleta destacou que Pontevedra é unha cidade "perfecta" para a práctica deste deporte e asegurou estar moi contenta de poder adestrar nela.
Relacionadas:
-
Carmen Gómez cambia o CGTD de Pontevedra pola Residencia Blume de Madrid
Por Diego Espiño |
-
Carmen Gómez arranca a súa tempada cun cuarto posto na Copa de Europa de tríatlon de Quarteira
Por Redacción |
-
Indignación na Federación Galega pola exclusión de Carmen Gómez da lista para o Mundial Júnior
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Medalla de prata para Carmen Gómez nos relevos mixtos dos Xogos Olímpicos da Xuventude
Por Redacción |
-
Noveno posto para Carmen Gómez nos Xogos Olímpicos da Xuventude
Por Redacción |