Maimouna Diarra xa está en Pontevedra para incorporarse ás filas do Arxil
Por Redacción
Despois de superar todos os problemas de visado que atrasaron notablemente a súa incorporación aos adestramentos co Arxil, Maimouna Diarra chegou por fin a Pontevedra.
A xoven pivote senegalesa arribaba á cidade do Lérez na mañá do sábado, pousando orgullosa coa camiseta do Club Baloncesto Arxil para despois presentarse ás súas adestradoras e compañeiras: María Lago, Carla Fernández, María Centeno, Cris Díaz-Pache, Fany López, Fallon Lewis, Jara Tuda, Aldara Vázquez, Noa Casalderrey e Ana Isabel Carballo.
A nova xogadora do conxunto verde non tivo tempo de descansar, pois poucas horas despois se incorporou ás ordes de Mayte Méndez, sumándose á expedición do Arxil que se desprazou a Portugal, onde afronta dous partidos de preparación ao longo do fin de semana, en Vagos e Coimbra.