Primeira derrota do Sanxenxo, que cae (2-0) en Cangas ante o Alondras
Por Redacción
O Alondras rematou coa imbatibilidade do Xuventú Sanxenxo, que caeu no Estadio do Morrazo (2-0) nunha encontro igualado.
Ramón tivo a mellor ocasión para os amarelos, cun man a man na primeira metade que non foi capaz de materializar.
Pola súa banda o conxunto local non creaba excesivo perigo, ata que no minuto 65 Andrés aproveitou un balón solto na área pequena para abrir o marcador.
Pouco despois Leiro executaba á perfección un lanzamento de falta para facer o segundo e sentenciar o choque.
Malia a derrota o Sanxenxo mantense na novena praza a só un punto do liderado.
ALONDRAS CF (2): Táboas, Castilla, Javi, Chichi, Pablo Berros (Toni, min.76), Rubén, Joni, Leiro, Andrés, Mauro (Abel, min.91), Firi (Pablo Lede, min.85).
XUVENTÿ SANXENXO (0): Vila, Diego Peña, Suso, Héctor (Tinaia, min.80), Guille, Alfonso, Nel, Jonathan, Cuchi, Ramón, Hugo (Diego González, min.80).
Árbitro: Vázquez García. Amoestou aos locais Chichi e Toni e aos visitantes Guille, Jonathan, Cuchi e Ramón.
Goles: 1-0 Andrés, min.65; 2-0 Leiro, min.70.
Incidencias: Partido disputado no Estadio do Morrazo, Cangas.