Acordo con Manu Fernández para a rescisión do seu contrato
Por Diego Espiño
Despois de catro días de negociación o Pontevedra Club de Fútbol chegou a un acordo con Manu Fernández para a rescisión do seu contrato.
O técnico reuniuse este xoves de novo cos conselleiros Enrique Mariño e Pablo Galván, cos cales pechou un acordo verbal que queda pendente de ratificación por escrito ao longo da xornada do venres.
Aínda non transcenderon os termos do acordo pero durante as catro reunións entre Galván, Mariño e Manu Fernández os conselleiros ofreceron ao técnico seguir vinculado ao organigrama do club nun posto por determinar, algo que o preparador lerezano rexeitou.
A rescisión de Manu achanda o camiño o seu sucesor, que en canto sexa confirmado poderá sentarse no banco para dirixir os granates.
A este respecto a lista de candidatos levada o xoves ao Consello de Administración quedou reducida a tres, e a falta das últimas negociacións o desenlace parece próximo.
SUSPENSIÿN DO ADESTRAMENTO
O primeiro equipo, de momento con Milo Abelleira ao mando, non se exercitou este xoves a causa das malas condicións climatolóxicas.
A chuvia caída durante toda a mañá, unido ao estado do campo da Xunqueira I provocaron a suspensión, unha xornada de adestramento que se prevé recuperar cunha sesión na mañá do sábado.
Relacionadas:
-
Comeza a era Luisito nun Pontevedra que xa pensa na visita do Boiro
Por Diego Espiño |
-
Luisito, confirmado como novo adestrador do Pontevedra
Por Redacción |
-
Milo Abelleira toma o mando ata que chegue o novo adestrador
Por Diego Espiño |
-
Primeiro achegamento entre Pontevedra e Manu Fernández para tratar a súa rescisión
Por Diego Espiño |
-
Manu Fernández cesado como adestrador do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |