Alex de Miñaur e Lana Slavica triunfan no XIII Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo
Por Redacción
O XIII Torneo Internacional Júnior ITF de Sanxenxo pechouse este domingo coa disputa das dúas finais individuais nas pistas do Círculo Cultural Deportivo.
Ao igual que no resto do torneo, os partidos polo título estiveron caracterizados pola igualdade, caendo finalmente de lado da croata Lana Slavica e o australiano Alex de Miñaur. Os seus rivais en rolda definitiva foron dous españois como María Gutiérrez e Eduard Güel.
Slavica gañou a María Gutiérrez tras remontar o set inicial por un tenteo de 4-6, 6-1 e 6-4.
Pola súa banda o barcelonés Eduard Güel, cabeza de serie número dous, calcou o guión da final feminina, gañando o primeiro parcial por 6-3 pero cedendo ante Alex de Miñaur nas dúas seguintes mangas por 3-6 e 4-6.
Relacionadas:
-
Sanxenxo prepárase para recibir a testemuña de Pontevedra como centro de atención do tenis nacional
Por Redacción |
-
O Torneo ITF de Tenis de Sanxenxo sobe de categoría
Por Redacción |
-
O bo tempo favorece o desenvolvemento das primeiras roldas nun igualado Torneo ITF de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Anna Blinkova e Tin Sandkaulen, campións do III Torneo Internacional ITF de Pontevedra
Por Redacción |