Viaxe organizada para acompañar o Teucro no díficil desprazamento a Valladolid
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro non estará soa no complicado desprazamento a Valladolid do próximo sábado (20:30 horas no Pabellón Municipal Huerta del Rey).
Ante a boa marcha do equipo, líder en solitario da División de Honra Prata, e a petición dalgún dos seus seguidores, o club azul decidiu organizar o desprazamento para os afeccionados que queiran presenciar o choque ante un dos planteis máis fortes da liga, a do Atlético Valladolid, actual segundo clasificado.
Todos os interesados poden anotarse nas oficinas da entidade, situadas no Pavillón Municipal dos Deportes (de 10:30 a 12:30 horas e de 17:30 a 20:00), ou na Cafetaría Castelao ata as 14:00 horas do venres.
O prezo, que inclúe viaxe de ida e volta e a entrada para o choque, é de 20 euros para os 50 primeiros en anotarse e 25 euros a partir dese momento.
O autocar partirá dende o Municipal pontevedrés ás 14:00 horas do sábado, regresando á conclusión do partido.
Relacionadas:
-
Quique Domínguez ante a viaxe a Valladolid: "No tengo ninguna duda de que podemos ganar"
Por Diego Espiño |
-
O Atlético Valladolid confía en recibir o Teucro cun cheo no pavillón Huerta del Rey
Por Diego Espiño |
-
La Roca resulta ser demasiado branda para un Teucro moi superior (43-32)
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos García Alén: "Mi intención es buscar apoyos para la directiva del Teucro y presentarme a las elecciones"
Por Ramiro Espiño |