Pontevedra e Arosa afrontan o derbi con varias baixas
Por Diego Espiño
Aínda que non terán problemas para compoñer os onces iniciais, Luisito e Piscis deberán afrontar varias baixas nos seus respectivos equipos de cara ao derbi do domingo (17:00 horas) en Pasarón.
Pontevedra e Arosa chegan á cita nun bo momento deportivo, pero no camiño sufriron varias lesións de gravidade.
ÿ o caso dos arosistas Aléx Freire, que afronta a fase final de recuperación, e Cheri. Son dúas baixas esperadas, pero a lista podería aumentarse se Esteban Capelo non chega a tempo de entrar na convocatoria.
O dianteiro, despois de varias semanas, traballa co grupo pero é seria dúbida para xogar o partido no que foi o seu estadio, o Municipal de Pasarón.
ÿ un caso similar ao de Anxo no Pontevedra. O ex-xogador do Boiro segue arrastrando molestias no nocello que lle impiden adestrarse ao 100%, unha circunstancia que lle apartou do equipo nas últimas datas e que o mantén como dubida.
No bando granate os que non estarán con total seguridade son o lesionado Fran Fandiño, que continúa traballando para estar dispoñible en xaneiro, e Pedro García, sancionado cun encontro tras ver ante o Barbadás o seu quinto cartón amarelo da tempada.