O Xuventú Sanxenxo afonda na ferida do Boiro (0-2) e érguese á zona nobre
Por Redacción
Ao Boiro pésanlle as pernas como consecuencia do seu mal arranque ligueiro. Un equipo feito para pelexar polos posto de honra e que se afunde na cola da clasificación, o que resta confianza aos seus xogadores. Diso sacou partido un Xuventú Sanxenxo que é a cara oposta da moeda.
Os visitantes rebordan soltura, protagonizando unha das sorpresas agradables da Liga. En Barraña deron un novo paso no seu obxectivo de consolidar a permanencia, obxectivo que a este paso van camiño de conseguir pola vía rápida. Polo de pronto seguen metidos no pelotón de cabeza e volveron conseguir unha importante e xusta vitoria.
Un gol ao comezo de cada período déronlle os tres puntos. Ramón adiantaba aos amarelos a pase de Héctor, mentres o Boiro non conseguía facerse co control do partido. Nin sequera os contratempos en forma de lesións, primeiro do meta Vila e logo de Hugo, causaron efecto no conxunto visitante, que ampliaba a súa renda nunha boa contra en de Nel para Rubén, que no man a man bateu a Lorenzo.
CD BOIRO (0): Lorenzo, Borja (Rubén Márquez, minuto 62), Rafa, Jose Rodríguez, Marcos, Gonzalo, David Añón (Gabo, minuto 62), Carlos Padín, Adrián Quintairos, Adrián Armental (Mario Tomé, minuto 46) e Pablo Pillado.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Vila (Luis, minuto 11), Diego Peña, Suso Martínez, Héctor, Guille, Alfonso, Manu Blanco, Jonathan, Hugo (Diego González, minuto 29), Ramón (Jesús Vidal, minuto 76) e Rubén.
Árbitro: David Novas Benavides (Vigo), auxiliado nas bandas por Lorenzo Álvarez e Casal Fernández. Amoestou a David Añón, Mario Tomé, Marcos e Gonzalo polos locais e a Becerra e a Guille polos visitantes.
Goles: (0-1) Ramón, minuto 8. (0-2) Rubén, minuto 51.
Incidencias: Partido disputado no campo municipal de Barraña (Boiro).