O Pontevedra roza xa os 1.900 abonados, unha cifra similar á da tempada pasada
Por Redacción
Os bos resultados deportivos que encadeou o Pontevedra CF dende a chegada de Luisito ao banco parecen ter animado a afección. E é que a cifra de abonados alcanzou as 1.895 persoas, un número similar ao que tiña o club ao termo da pasada tempada.
Segundo informa o propio Pontevedra CF nun comunicado, trátanse de "datos esperanzadores" e que lles axuda a encarar o futuro "con maior optimismo". Trátase, sinalan, dun número de abonados "moi positivo a estas alturas da campaña".
O Consello de Administración espera que esta cifra siga crecendo nos próximos meses e se supere de sobra o número de abonados da pasada tempada.
Ademais, dende o club destacan o balance positivo que botan os ingresos obtidos mediante a venda de localidades. Aínda que non cuantifican este aumento, aseguran que o resultado obtido por esta vía se duplicou con respecto ao ano pasado.
Relacionadas:
-
Edu para dous penaltis e evita a derrota do Pontevedra (1-1) ante un Rápido de Bouzas que foi mellor
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra e Rápido de Bouzas miden a súa fortaleza defensiva en Pasarón
Por Ramiro Espiño |
-
Un gol de Pablo Carnero derrota ao Choco (0-1) e fai máis líder a un Pontevedra serio
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Furya Granate explica as causas da súa disolución cargando contra Mauricio Rodríguez e Lupe Murillo
Por Redacción |