Autobús de afeccionados para acompañar o Pontevedra nas Pontes
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol decidiu finalmente organizar unha viaxe para que os seus afeccionados poidan acompañar o equipo nas Pontes.
A entidade granate, que accedeu a adiantar o encontro ao próximo sábado (18:00 horas no Campo Municipal do Poboado), fretará un autobús ao prezo de 10 euros.
A esa cantidade hai que engadir a entrada para o partido, fixada noutros 10 euros salvo para os menores de 18 anos, que accederán de balde ao recinto.
Os seguidores que o desexen poden reservar a súa praza nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón ata as 14:00 horas do venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Relacionadas:
-
O Pontevedra pesca no seu celeiro de As Pontes (0-2) nun partido sen control e cheo de ocasións
Por Ramiro Espiño |
-
Capi poderá xogar en As Pontes e alivia os problemas de Luisito na zaga
Por Ramiro Espiño |
-
Edu para dous penaltis e evita a derrota do Pontevedra (1-1) ante un Rápido de Bouzas que foi mellor
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |