O Waterpolo Galaico pecha a primeira volta cun apertado triunfo ante o Marina Ferrol (7-5)
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico recuperouse do seu irregular inicio de competición na Primeira División Galega para pechar a primeira volta na terceira posición da táboa, con seis puntos.
Os pontevedreses lograron a pasada fin de semana o seu segundo triunfo do curso ao impoñerse nun apertado encontro ao Marina Ferrol (7-5) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Os lacais saíron mellor que o seu rival, pero a falta de acerto en ataque impedía unha renda maior que o 1-0 co que finalizou o terceiro periodo.
Cunha vantaxe mínima chegouse ao descanso (2-1). Con todo, no terceiro periodo a tónica cambiou e os visitantes, cun parcial de 0-3 puxéronse por diante.
Dous goles de Rober nos últimos minutos do cuarto devolvían a igualada para o Galaico, culminando a remontada nun periodo final no que foron superiores ao seu rival.
CW GALAICO PONTEVEDRA (7): Raúl, Rober (3), Aarón, Rubén (1), Pablo, Miguel (1), Ángel, Andrés, Juanjo, Guille (1), Bran (1), Juan, Manu.
MARINA FERROL (5): Fernández, Sanz (2), Bonome, Tellado, Castromil (1), Cao, Ponte, Lage, Montes (1), Uria, Lázaro (1), Bouza, Toro.
Parciais: 1-0, 1-1, 2-3, 3-1.