Unha cuestión de fe para o Arxil
Por Diego Espiño
O Arxil fíase ao traballo e a constancia na súa busca, logo de oito xornadas, da primeira vitoria da tempada. Non o terá fácil o equipo dirixido por Mayte Méndez nas próximas semanas con tres partidos consecutivos fóra de casa, pero as pontevedresas non perden a fe.
A primeira oportunidade de estrearse chega este sábado día 15 ante o Celta Selmark (18:30 horas no Pavillón de Navia), un conxunto que arrincou a liga con aspiracións máis ambiciosas pero que mantén a pretensión de escalar posicións ata os postos altos da clasificación.
Tras unha xornada de descanso o Arxil viaxará a Cáceres para comezar despois a segunda volta en Vilagarcía ante o líder Cortegada.
Fany López será dúbida nas pontevedresas ata última hora para o compromiso deste fin de semana, un partido que segundo Lino Vázquez, coordinador do clube, podería servir de punto de inflexión, "no acabamos de ganar el primer partido pero lo están intentando con todas sus ganas. Se juega bien un par de cuartos y se pega un gran bajón en otro. Perdonamos demasiado en ataque".