Bruno volve ao Pontevedra como primeiro reforzo invernal
Por Redacción
A maltreita liña defensiva do Pontevedra conta dende esta semana cun integrante máis na que é a primeira incorporación da era Luisito.
Bruno Rivada sumouse aos adestramentos tras deixar as filas do Bertamiráns, último clasificado da Terceira División no que se encontraba cedido polo club granate.
O defensor redondelano, de 19 anos, espera convencer o técnico nas próximas semanas e quedar polo menos ata final de tempada.
Trátase dun central zurdo que tamén pode actuar de lateral e que a pasada campaña compaxinou partidos co Pontevedra B en Rexional Preferente e o equipo xuvenil de División de Honra.
BENJA, Á MARXE DO GRUPO
As malas noticias para Luisito céntranse en Benja, que segue á marxe do grupo con molestias musculares que lle descartan para o choque do domingo ante o Ordes.
Este xoves o dianteiro exercitouse xunto ao fisioterapeuta, Manu Barros, mentres Fran Fandiño si se vai incorporando pouco a pouco ao traballo co resto dos seus compañeiros encarando as súas últimas semanas de convalecencia.
Relacionadas:
-
Rubén Lobato convértese na segunda fichaxe invernal do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Fran Fandiño recibe a alta médica tras tres meses lesionado
Por Diego Espiño |
-
O portugués Marcelo Faría incorpórase ao Pontevedra en período de proba
Por Redacción |
-
Golazo de Jacobo e cómodo triunfo do Pontevedra (2-0) sobre un gris ÿrdenes
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ramón e Bruno novidades na convocatoria de Luisito para recibir ao ÿrdenes
Por Ramiro Espiño |
-
Emilio abandona o Pontevedra para fichar polo Xuventú Sanxenxo
Por Ramiro Espiño |
-
A baixa por sanción de Campillo deixa a Luisito sen alternativas defensivas para recibir ao ÿrdenes
Por Redacción |