Emilio abandona o Pontevedra para fichar polo Xuventú Sanxenxo
Por Ramiro Espiño
Seguen os movementos no Pontevedra CF. Se hai dous días os granates recuperaban a Bruno para incorporarse aos adestramentos co primeiro equipo, tras a súa estanza como cedido no Bertamiráns, nesta ocasión toca unha saída, a de Emilio, xogador que viña actuando habitualmente no filial, e que causa baixa para incorporarse ao Xuventú Sanxenxo.
O propio xogador confirmaba a PontevedraViva a súa desvinculación total co Pontevedra este mesmo venres: "Sí, ya tengo la baja del Pontevedra. No voy cedido, me voy con la baja definitiva y sólo falta que el Sanxenxo me curse la ficha. Voy con toda la ilusión para intentar progresar y demostrar que puedo tener un hueco en tercera división".
De feito Emilio, que xa adestrou cos seus novos compañeiros o xoves, despois de debutar co primeiro equipo do Pontevedra sendo aínda xuvenil, ademais de ser un dos máis firmes valores da canteira granate, pasara nas últimas xornadas a non ter nin sequera continuidade no once titular do Pontevedra B, deixando igualmente de participar nos adestramentos ás ordes de Luisito.
Emilio Abal, de 20 anos de idade, é un xogador polivalente, xa que ademais de na súa posición natural de medio centro, actuou con frecuencia como defensa central, lateral dereito e mesmo como volante dereito, polo que supón un bo reforzo para o equipo que adestra Ángel Oliveira, que está a ser unha das revelacións da tempada en terceira división.
Relacionadas:
-
Toma aire As Pontes (2-0) a costa dun Xuventú Sanxenxo en caída libre
Por Redacción |
-
Dani Muradás falla a de "Cardeñosa" e o Rápido de Bouzas imponse (0-1) ao Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Choco sorprende o Xuventú Sanxenxo (2-1) xogando en inferioridade
Por Redacción |
-
Bruno volve ao Pontevedra como primeiro reforzo invernal
Por Redacción |