O Choco sorprende o Xuventú Sanxenxo (2-1) xogando en inferioridade
Por Redacción
Buscando a vitoria o Xuventú Sanxenxo viuse sorprendido por un Choco que xogaba en inferioridade numérica, tras a expulsión por dobre amoestación de Lucas.
O partido tivo alternativas no xogo e xogadas de perigo en ambas as dúas áreas. O Sanxenxo puido adiantarse nos primeiros 15 minutos nun remate de Ramón. Non obstante foi o Choco o que marcou primeiro superada a media hora, nunha acción na que os visitantes reclaman falta de Silva sobre Alfonso. O dianteiro local lévase o balón e cede a Hugo, que non perdoa.
Na segunda parte o Sanxenxo premeu arriba e conseguiu o empate en xogada de Rubén que rematou Ramón na área pequena co peito.
Co 1-1 o partido abriuse ata que Lucas viu a segunda amarela por un agarrón. Os visitantes fóronse a pola vitoria, pero a falta de dous minutos víronse sorprendidos por unha contra local, finalizada por Hugo, que serviu aos redondelanos para poñer fin a súa mala xeira de resultados.
CD CHOCO (2): Cortegoso; Yago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminatti, Muíños, Pablo Piñeiro (Brian, min. 69), Jose Ramón, Hugo, Gonzalo (Fernando, min. 74) e Silva (Albert, min. 53).
XUVENTÿ SANXENXO (1): Álex Vila; Héctor, Suso Martínez, Guille, Alfonso, Deivi (Dani Muradás, min. 88), Nel, Jonathan (Suso Vidal, min. 71), Diego González, Ramón e Rubén.
Árbitro: Francisco Xabier Rodríguez Campos (A Coruña), auxiliado nas bandas por Elisardo Javier Mella Fernández e Sergio Bermúdez Seoane. Expulsou o xogador local Lucas (minuto 76) por dobre amarela. Amoestou xogadores locais Jose Ramón, Pablo Piñeiro e Muíños.
Goles: (1-0) Minuto 39: Hugo. (1-1) Minuto 50: Ramón. (2-1) Minuto 88: Hugo.
Incidencias: Campo Municipal de Santa Mariña (Redondela). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Toma aire As Pontes (2-0) a costa dun Xuventú Sanxenxo en caída libre
Por Redacción |
-
Dani Muradás falla a de "Cardeñosa" e o Rápido de Bouzas imponse (0-1) ao Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
Emilio abandona o Pontevedra para fichar polo Xuventú Sanxenxo
Por Ramiro Espiño |
-
A temperá expulsión de Velay achanda o camiño ao Arosa (2-0) ante o Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Xuventú de Sanxenxo sentencia en menos de media hora (4-2) a un desconcertado Barbadás
Por Redacción |