O Xuventú de Sanxenxo sentencia en menos de media hora (4-2) a un desconcertado Barbadás
Por Redacción
Menos de media hora tardou o Xuventú Sanxenxo en sentenciar o seu partido fronte ao Barbadás. Tres goles en 24 minutos para sumar unha nova e contundente vitoria que o mantén no pelotón de cabeza, dentro dos postos de play-off e co obxectivo inicial da permanencia practicamente conseguido antes de alcanzar o ecuador da competición.
Jonathan, Ramón e Nel poñían un contundente 3-0 no marcador sen que o Barbadás, que estreaba técnico no banco con Peluso en lugar do dimitido Jorge Regal, tivese capacidade de resposta.
O resto do partido foi un mero trámite, animado na recta final con tres novos goles que serviron ao conxunto ourensano para maquillar lixeiramente un marcador froito tanto do mellor xogo amarelo como do desacerto defensivo e escasa intensidade coa que os visitantes saltaron ao terreo de xogo.
XUVENTÿ SANXENXO (4): Velay; Diego Peña, Héctor, Guille, Alfonso, Deive, Nel, Jonathan (Vidal, min. 71), Cuchi (Diego González, min. 89) Ramón (Dani Muradás, min, 77), e Rubén.
UDC BARBADÁS (2): Diego; Oli (Jorge, min. 70), Alfredo, Quintairos, Vieytes, Nuno (Luis, min. 59), Isi (Karin, min. 68), Nacho Currás, Hugo, Rafita e Jaime.
Árbitro: Antonio José Leiras Martínez (Lugo), auxiliado nas bandas por Rubén León Casal e Juan Carlos Polo Fernández. Amoestou a Diego Peña e Cuchi, polos locais, e a Rafita, Nacho Currás, Hugo, Oli, Vieytes e Jaime, polos visitantes.
Goles: (1-0) Minuto 5: Jonathan. (2-0) Minuto 12: Ramón. (3-0) Minuto 24: Nel. (3-1) Minuto 80: Luis. (4-1) Minuto 87: Cuchi. (4-2) Minuto 89: Jaime.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
O Choco sorprende o Xuventú Sanxenxo (2-1) xogando en inferioridade
Por Redacción |
-
A temperá expulsión de Velay achanda o camiño ao Arosa (2-0) ante o Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Bertamiráns dá a sorpresa e estréase (3-2) a costa do Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
Segue firme o Xuventú Sanxenxo que se impón con autoridade (3-1) ao Laracha
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |