Primeira cita de nivel do ano para Bea Gómez no Open de Cataluña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Bea Gómez Cortés afrontará durante o próximo fin de semana, entre o 16 e o 18 de xaneiro, a súa primeira cita de nivel da tempada en piscina de 50 metros.
A nadadora pontevedresa inscribiuse no Campionato de Cataluña Open, que se disputará en Terrasa, co obxectivo de avanzar na súa preparación de cara á tempada de verán, na que espera mostrar unha melloría nas súas marcas tras o seu ingreso na madrileña Residencia Blume.
Gómez Cortés presentarase en Terrasa como principal favorita, segundo os seus mellores rexistros, nos 800 libre, 400 estilos e 200 estilos, aínda que terá rivais de talle como Duane da Rocha, Jessica Vall, África Zamorano ou Catalina Corro nesta probas.
Ademais a deportista do Club Natación Galaico tomará a saída nos 400 e 200 libre, onde parte coa segunda mellor marca tras Melani Costa.
Antes da competición Bea Gómez concentrarase durante dous días no Centro de Alto Rendemento de San Cugat.