O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra aspira a chegar aos 350 inscritos na súa terceira edición
Por Alejandro Espiño
2015 é máis que correr. ÿ o lema elixido para a terceira edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP). E así é porque, segundo os seus organizadores, vai máis alá dunha aposta por fomentar o deporte popular entre os pontevedreses. ÿ case unha filosofía de vida porque o running ten unha "grande aceptación" nunha cidade que reúne as características e os espazos "adecuados" para a súa práctica, afirmou o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.
Chega con vocación de crecer e cunha clara aposta pola participación por equipos. A organización agarda chegar este ano ata os 350 inscritos, unha cifra "ideal", segundo o edil socialista ante os 269 participantes da pasada edición. Nun futuro o "óptimo", dixo, sería alcanzar os 500 corredores. Ademais, agardan unha maior participación feminina que no 2014 foi tan só o 15% do total de deportistas inscritos.
As carreiras que formarán parte da terceira edición do circuíto son:
- San Brais: 1 de febreiro
- Monte Porreiro: 12 de abril
- Ponte Noite 5+5: 13 de xuño
- Santiaguiño do Burgo: 25 de xullo
- Campañó: 19 de setembro
- Medio Maratón de Pontevedra: 18 de outubro
Todas elas manterán o percorrido doutros anos. Non hai variacións na parte técnica e manterase a identidade e a esencia de cada unha delas, a pesar de formar parte dun circuíto común.
O prazo de inscrición estará aberto ata a Ponte Noite 5+5. Custa 30 euros e dá dereito a participar nas seis carreiras, sendo gratuíto para os desempregados. Os deportistas tamén poderán inscribirse a cada unha das probas de forma individual. Todos eles poderán organizarse en equipos, nos que computarán os tempos e os resultados de todos os seus integrantes. Todo este proceso pode facerse a través da plataforma Championchip Norte.
O CCCP aposta este ano moi forte polos equipos. A primeira medida foi equiparar o premio económico do mellor equipo ao dos gañadores individuais masculino e feminino. Sobe, por tanto, dos 300 euros aos 500 euros. Ademais permítese a inscrición inicial con só seis corredores (ata agora eran 12), con posibilidade de "fichaxes" ata a terceira carreira. Non obstante, recoméndase un número amplo porque precísase unha participación mínima de seis atletas para puntuar sen penalizacións.
En canto ás clasificacións que serven para elixir os gañadores mantense o esquema da absoluta, categorías de idades, compensada por idades e, finalmente, equipos. Todos eles verán recompensado o seu esforzo de todo o ano cunha gala final de entrega de premios que se celebrará o próximo mes de decembro.
Relacionadas:
-
A Carreira Pedestre Monte Porreiro continúa crecendo na súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Medio milleiro de atletas desafían ao frío na VII Carreira Pedestre de San Brais
Por Diego Torrado | Creada e actualizada
-
497 inscritos para a Pedestre de San Brais, primeira cita do Circuíto de Carreiras Populares
Por Redacción |
-
San Brais prepárase para inaugurar o Circuíto de Carreiras Populares 2015
Por Diego Espiño |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra entrega os premios da súa segunda edición
Por Redacción |
-
Haberá terceira edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra en 2015
Por Diego Espiño |