Medio milleiro de atletas desafían ao frío na VII Carreira Pedestre de San Brais
Por Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Víctor Riobó e Leticia Fernández proclamáronse vencedores da proba absoluta na VII Carreira Pedestre de San Brais, primeira cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra 2015.
En Salcedo déronse cita preto de medio milleiro de atletas, que desafiaron ao frío para inaugurar o calendario municipal de carreiras.
Riobó volveu ser o máis rápido nos case 6 quilómetros de esixente percorrido, parando o crono en 20 minutos e 15 segundos, seguido de Iván Docampo (20:19) e Elías Domínguez (20:44).
En categoría feminina Leticia Fernández impúxose cun tempo de 22:54 por diante de BArca Toba (24:38) e María del Rosario Figueroa (26:01).
As clasificacións completas por categoría poden consultarse na páxina web www.championchipnorte.com.
Tras a proba os participantes recobraron forzas coa tradicional chocolatada ofrecida pola organización, a Asociación de Veciños Salcedo Norte.
Relacionadas:
-
San Brais, lista para abrir o Circuíto de Carreiras Populares
Por Diego Espiño |
-
A PonteNoite 5+5 bate records malia a chuvia
Por Diego Espiño |
-
Rafael Fuentes e Leticia Fernández impóñense nunha concorrida Carreira Pedestre de Monte Porreiro
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A Carreira Pedestre Monte Porreiro continúa crecendo na súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
497 inscritos para a Pedestre de San Brais, primeira cita do Circuíto de Carreiras Populares
Por Redacción |
-
San Brais prepárase para inaugurar o Circuíto de Carreiras Populares 2015
Por Diego Espiño |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra aspira a chegar aos 350 inscritos na súa terceira edición
Por Alejandro Espiño |