A PonteNoite 5+5 bate records malia a chuvia
Por Diego Espiño
Espectacular terceira edición da PonteNoite 5+5 Run for Pakinson's, celebrada na tarde-noite do sábado polas rúas do centro da cidade.
Nin a chuvia puido cunha proba que en só tres anos se consolidou no calendario experimentando un gran crecemento na participación, xa que preto de 1.000 atletas tomaron parte na carreira nas diferentes modalidades.
A máis concorrida foi a modalidade dos 10.000 metros, na que o máis rápido en chegar a meta foi Iván Docampo (31:21), seguido de José Antonio Ramallo (31:38) e Rafael Fuentes (31:42).
En categoría feminina impúxose Beatriz Fernández (37:09) por diante de María del Rosario Figueroa (39:40) e Aida Blanco (40:45).
Pola súa banda os gañadores na proba de 5.000 metros foron Diego Pereiro (16:41) e Paloma Herbello (20:54).
Ademais disputouse unha carreira de 600 metros polo centro histórico coa intención de visibilizar a loita diaria da Asociación de Enfermos de Párkinson.
Os resultados completos da III PonteNoite 5 +5, terceira cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, poden consultarse aquí.