Segue costa abaixo do Xuventú Sanxenxo que cae (0-3) ante o Alondras
Por Redacción
Quinta derrota consecutiva que acende as alarmas no Xuventú Sanxenxo. O Alondras foi superior, impoñéndose aos locais cunha boa dose das súas propias armas: fútbol directo e eficacia ante a porta adversaria.
Os xogadores visitantes, Gustavo e Mauro, encargáronse de resolver o partido para o conxunto de Cangas. Mauro serviu dende a dereita e Gustavo Souto inaugurou o marcador. O mesmo Mauro deixaba o partido case resolto antes do descanso ao transformar un penalti.
Na segunda parte o Alondras limitouse a defender a súa vantaxe, sen arriscar, ata que nunha contra Gustavo volvía marcar para pechar o resultado a favor dun Alondras que empeza a mirar cara aos postos altos.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Álex Vila; Diego Peña, Emilio, Héctor, Alfonso, Pablo Lede, Nel (Diego, min. 62), Jonatan (Jesús, min. 73), Cuchi (Dani Muradás, min. 62), Ramón e Rubén.
ALONDRAS CF (3): Martín; Saúl, Rubén Comesaña, Chichí, Toni, Abel, Adrián (Berto, min. 73), Leiro, Gustavo, Pablo Berros e Mauro (Jesús, min. 88).
Árbitro: Javier González Arévalo (A Coruña), auxiliado nas bandas por Carlos Suárez Lamas e Martín García Gómez. Amoestou a Alfonso, Jonatan e Álex Vila, polos locais, e a Martín, Leiro, Gustavo, Chichí e Mauro, polos visitantes. Expulsou o técnico do Alondras, Josiño Abalde (minuto 88).
Goles: (0-1) Minuto 19: Gustavo. (0-2) Minuto 55: Mauro, de penalti. (0-3) Minuto 84: Gustavo.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 200 espectadores.