Sexta derrota consecutiva do Xuventú Sanxenxo que cae (2-0) ante o Cerceda
Por Redacción
Dominio total dun Cerceda que se estrelou coa boa actuación do meta visitante, Álex Vila, o que fixo que tivese que esperar ata a recta final do partido para levarse unha vitoria que mereceu por xogo e ocasións.
O Xuventú Sanxenxo apenas pisou a área local, limitándose a defender a súa parcela. O porteiro do conxunto amarelo salvou remates claros de Abelenda e Cano no primeiro período, e os de Ángel Oliveira mesmo tiveron a súa oportunidade a falta de 20 minutos, na súa única chegada con perigo, cando Diego González tivo un man a man con Marcos Valin, que non acertou a resolver.
Pouco despois Abelenda abriría o marcador, ao rematar un centro de Martín. Logo sentenciaría Uxío, rematando dende dentro da área un centro de Peloto.
Con este resultado, o Xuventú Sanxenxo segue en caída libre e ve como se lle acenden as alarmas, ao achegarse perigosamente aos postos baixos da táboa.
CCD CERCEDA (2): Marcos Valin, Noé, Adrián (Uxío, minuto 63), Juan, Agulló, Pablo Rubio, Cano (David, minuto 75), Jonatan Martín, Abelenda, Martín e Casal (Bilal, minuto 83).
XUVENTÿ SANXENXO (0): Álex Vila, Diego Peña, Mariño, Alfonso, David Chapela, Héctor, Diego (Dani, minuto 86), Guille (Cuchi, minuto 73), Ramón, Pablo Lede (Suso Vidal, minuto 83) e Rubén
Árbitro: Fernando Formoso, auxiliado nas bandas por Alejandro Méndez e Telmo Pérez. Amonestou con cartón amarelo a Pablo Rubio e Jonatan Martín polo Cerceda e a Guille polo Sanxenxo.
Goles: (1-0) Minuto 75: Abelenda. (2-0) Minuto 81: Uxío.
Incidencias: Partido disputado no campo de O Roxo (Cerceda).
Relacionadas:
-
O Bergantiños afonda na crise do Xuventú Sanxenxo (2-1) que se asoma ao abismo
Por Redacción |
-
O Pontevedra pode golear pero remata pedindo a hora (0-1) ante o Xuventú Sanxenxo
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra non se fía dun necesitado Xuventú Sanxenxo
Por Ramiro Espiño |
-
Segue costa abaixo do Xuventú Sanxenxo que cae (0-3) ante o Alondras
Por Redacción |