O Waterpolo Galaico encaixa ante o Santiago a súa cuarta derrota da tempada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ee6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/54cfb52df2-20150131-diegotorrado-galaico-vs-santiago-10.jpg)
© Diego Torrado
O Club Waterpolo Santiago, líder invicto da Primeira División Galega, levouse os puntos en xogo no partido que o enfrontou ao Waterpolo Galaico na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
O conxunto lerezano segue sen reencontrase co xogo que lle levou a alzar o título ligueiro e encaixou a súa cuarta derrota do curso de xeito claro (8-14).
Tras un primeiro cuarto de igualdade, os erros defensivos e certas facilidades en defensa propiciaron que os composteláns tomasen vantaxe sen que os locais conseguisen reaccionar.
O Galaico segue terceiro na clasificación, pero moi lonxe do propio Santiago e do CN Coruña.
CW GALAICO PONTEVEDRA (8): Raúl, Rober (2), Aarón, Rubén, Pablo, Mauro, Ángel (3), Andrés, Juanjo (1), Guille (2), Bran, Juan, Manu.
CW SANTIAGO (14): Viaño, Fernández, Turnes (1), Cabrera, Ferrer, Piñeiro (4), Raposo (2), Caamaño (4), Suárez (3), Montoiro, Sampaño, Campaña, Romarís.
Parciais: 2-2, 1-4, 3-4, 2-4.