O Arosa presenta a súa candidatura tras impoñerse (2-0) ao Laracha
Por Redacción
Outro que se suma á festa. O Arosa fixo un bo partido pero tivo que esperar ao segundo tempo para materializar unha vitoria que lle permite dar caza ao Ribadumia na cuarta praza e presentar o seu firme candidatura ao play-off de ascenso.
Con lixeiro dominio arosista e orde defensiva do Laracha, o primeiro tempo transcorreu sen ocasións claras, se ben os de Piscis reclamaron un posible penalti no minuto 38, cando un remate de Javi Pazos dá na man de Iván.
O Laracha empezou mellor no segundo tempo, pero o cambio realizado polo técnico local, coa entrada de Eloy, devolveu o mando aos locais, que se adiantaron nun corner botado Yago Pérez que rematou de cabeza Rivas.
A vantaxe no marcador asentou o xogo arosista e Capelo, a pase de Quique Cubas, sentenciou o partido, máis cando pouco despois o Laracha quedou con dez ao ser expulsado Pablo Vidal, por dar unha patada a Quique Cubas.
AROSA SC (2): Jorge Pérez, Santi, Juan, Martín, Álex Freire, Rivas,Yago Pérez, Pablito, Nando (Eloy, minuto 57), Capelo e Javi Pazos (Quique Cubas, minuto 70).
LARACHA CF (0): Damián, Iván (Casal, minuto 65), Beto (Brais, minuto 81), Roberto, Antonio, Denís, Álex Mallo, Rebolo, Dani Bea (Taibo, minuto 62), Iago e Pablo Vidal.
Árbitro: Javier Pérez Prado (Lugo), auxiliado nas bandas por Alberto Blanco e Iván Montero. Expulsou ao xogador do Laracha, Pablo Vidal, con cartón vermello directo (minuto 82). Amonestou a Capelo, Rivas e Pablito polo Arosa; e a Iván, Beto, Iago e Dani Bea polo Laracha.
Goles: (1-0) Minuto 60: Rivas. (2-0) Minuto 69: Capelo.
Incidencias: Partido disputado no campo da Lomba (VIlagarcía). Uns 600 espectadores.